martes, 9 de junio de 2015

Presentan un sistema para que non se poida conducir ebrio.

A National Highway Traffic Safety Agency, unha axencia do goberno dos Estados Unidos, presentou un sistema que podería evitar que un condutor baixo os efectos do alcohol poida coller un coche. O sistema chámase Driver Alcohol Detection System for Safety (DADSS), que impediría arrancar o vehículo. A través de dous métodos, o sistema pode medir a cantidade de alcohol en sangue do condutor en menos dun segundo.


O sistema esta formado por un alcoholímetro pasivo sobre o voante ou na porta do condutor, que detectaría no alento o nivel de alcohol. Mediante un feixe de luz infravermella dirixida cara ás moléculas de aire expiradas polo condutor. 

Ademais, habería un segundo alcoholímetro engadido no botón de arranque do motor ou na panca de cambios, que integraría un sensor que analiza o nivel de alcohol en sangue do condutor. Ao pousar o dedo sobre o sensor, un feixe de luz proxectaríase sobre a pel do condutor, e a través da espectroscopia infravermella pódese determinar a cantidade de alcohol en sangue. Todo iso, baséase en que o etanol absorbe lonxitudes de onda moi concretas.


Perséguese reducir o número de falecidos en estrada por culpa da bebida e rematar con esta mala práctica. Unha tecnoloxía, que apuntan expertos, podería aínda tardar 8 anos en comercializarse.

lunes, 8 de junio de 2015

Detéctase a bacteria da difteria noutros 8 nenos de Girona.

Os técnicos da Axencia de Saúde Pública da Generalitat detectaron a bacteria responsable da difteria en oito nenos próximos ao contaxiado de seis anos de Olot (Girona) que segue estable pero moi grave na UCI do Hospital Valld'Hebron de Barcelona.

Destacouse que os oito nenos "non" desenvolveron a enfermidade grazas a que están vacinados, pero se lles recluíu nos seus fogares para evitar que contaxien ao 3% de nenos da bisbarra da Garrotxa que non están vacinados.

Fixeron frotis en 57 nenos próximos ao contaxiado, e a bacteria está en oito, e este luns se lle empezou a administrar un tratamento con penicilina a este grupo para eliminalos a difteria do organismo.

Por agora, os oito compañeiros portadores da bacteria da difteria permanecerán nos seus domicilios entre oito e 10 días, mentres dure o tratamento antibiótico. Os pais e o ámbito destes oito nenos tamén foron analizados para descartar que existisen máis persoas portadoras que puidesen contaxiar outras que non estean vacinadas.

O secretario de Saúde Pública da Generalitat, Antoni Mateu, indicou ademais que dende que se coñeceu o caso de difteria, en La Garrotxa se dispararon ao redor dun 20% as doses de vacinas subministradas en Olot.

De todos os xeitos, a Generalitat non arriscará e avisou de que as casas de campamentos e os espazos de recreo infantil de La Garrotxa estarán atentos ás cartillas de vacinación dos nenos para garantir a seguridade sanitaria dos pequenos, polo que a aqueles que non estean vacinados se lles alertará do risco que iso pode supoñer.

O foco orixinario deste brote aínda non se descubriu, e de feito, Boi Ruiz deixou a porta aberta a que a causa primaria desta infección non se acabe encontrando, aínda que o departamento de Saúde constituíu dende hoxe mesmo un comité de crise para tratar o asunto.

jueves, 4 de junio de 2015

Eliminar os prexuízos durante o sono é posible.

Mentres durmimos o cerebro non descansa, senon que traballa activamente en tarefas que non pode levar a cabo durante o día, como a consolidación da memoria. Os recordos se poden reactivar e fortalecer de forma selectiva durante o sono. Sábese que durmir potencia a formación de recordos ao reactivar a actividade das neuronas implicadas na aprendizaxe levada a cabo durante o día. Se se asocia un son ou un olor a unha tarefa de aprendizaxe concreta durante a vixilia, este pódese potenciar durante a noite se ese estímulo oloroso ou visual se presenta de forma repetida durante o sono de ondas lentas.


Unha investigación da Universidade de Northwestern publicada en "Science" mostra que este método non só funciona para a información recentemente aprendida, senón que tamén pode influír nas actitudes implícitas aprendidos durante a infancia e que permanecen estables durante a vida adulta. É dicir, que eses prexuízos poden "desaprenderse durante o sono". 

Nunha serie de exercicios deseñados para contrarrestar os prexuízos típicos raciais e de xénero, os participantes viron imaxes de homes e mulleres de diferentes razas. E como parte do adestramento aprenderon a asociar razas e xéneros con características opostas aos prexuízos. Por exemplo, a asociar as caras femininas con palabras relacionadas coa ciencia, xa que algúns estudos suxiren que os científicos son máis propensos a contratar home que mulleres. De igual forma, as caras de homes negros asociáronse con palabras politicamente correctas. Ademais, emparellouse un son distintivo con cada tipo de "contranesgo".

Despois do adestramento, os participantes durmiron unha sesta de 90 minutos, durante a cal oíron varias veces de forma aleatoria o son utilizado durante o adestramento ou outro distinto.

Pouco despois de espertar, e tamén unha semana máis tarde, os investigadores comprobaron que eses nesgos sociais arraigados dende a infancia, reducíronse só cando a aprendizaxe do contranesgo fora reactivada durante o sono polo son.

Producir cambios duradeiros en nesgos implícitos é un reto. Estes nesgos xorden da socialización e son reforzados con frecuencia polos medios de comunicación. Outros experimentos terán que examinar se estes procedementos poden reducir o impacto dos nesgos implícitos en situacións de toma de decisións importantes, engaden.

Na novela "Un mundo feliz", escrita en 1932 por Aldous Huxley, este describe un mundo no que os nenos son adestrados durante o sono, para sentirse orgullosos da casta á que pertencen e diferenciarse das demais. Huxley adiantou case un século as últimas investigacións sobre o sono e en concreto a esta. Nun artigo publicado tamén en Science, que analiza este traballo para reducir os prexuízos pero algúns investigadores alertan das implicacións éticas que pode ter.

O sono é un estado no que estamos sen conciencia intencional e polo tanto vulnerables á suxestión. Hai que destacar as posibles aplicacións para modificar de forma permanente calquera comportamento non desexado por reactivación da memoria específica durante o sono.

viernes, 22 de mayo de 2015

Crean un brazo robético que pode ser controlado pola mente.


Erik Sorto, un californiano de 34 anos, leva 13 paralizado de colo cara a abaixo e agora, un grupo de científicos logrou que poida mover un brazo robótico só pensando niso e utilizando a súa imaxinación.

De forma voluntaria, Erik someteuse a unha cirurxía experimental no Hospital Keck de USC o 17 de abril de 2013. Nunhas cinco horas, os cirurxiáns implantáronlle dous conxuntos de microeléctrodos no cerebro (na codia parietal posterior), co obxectivo de rexistrar pulsos de electricidade das neuronas cerebrais cos que poder mobilizar un brazo biónico externo, situado ao seu lado.


Nos pacientes como Erik, a lesión na medula impide a transmisión da información dende o cerebro ata as extremidades, e aí entran en xogo os implantes neuroprotésicos. Nos experimentos realizados ata a data, centrados na codia motora, para coller un vaso, o paciente tiña que ir pensando por secuencias: elevar o brazo, estendelo, coller o vaso, pechar a man para suxeitalo... Un ordenador encargábase de descodificar os pulsos de electricidade das neuronas cerebrais cando o paciente enviaba co seu cerebro diferentes ordes aos seus brazos.

miércoles, 13 de mayo de 2015

María Garaña será responsable da área de empresas en Microsoft Europa


A presidenta da filial española de Microsoft, María Garaña Corces, foi elexida para tomar o posto de vicepresidenta da división de solucións empresariais de Microsoft para Europa, Oriente Medio e África.


Garaña será substituída no seu cargo actual pola exdirectiva de Telefónica e membro do consello supervisor da filial alemá do grupo español Pilar López


Álvarez. María ocupou a presidencia de Microsoft España durante os últimos sete anos.

No seu novo cargo Garaña asumirá a máxima responsabilidade das operacións, as vendas, a mercadotecnia e a xestión das relacións cos socios do negocio de solucións empresariais de Microsoft para a rexión EMEA.A organización de solucións empresariais representa un negocio de 1.779 millóns de euros a nivel global e é unha das áreas de maior crecemento dentro de Microsoft. No seu novo cargo Garaña asumirá a máxima responsabilidade dás operacións, ás vendas, a mercadotecnia e axestión dás relacións cos socios do negocio de solucións empresariais de Microsoft para a rexión EMEA.

A división de solucións empresariais inclúe o software deseñado por Microsoft para optimizar a xestión das organizacións; dende ferramentas de planificación de recursos empresariais a solucións de xestión da relación cos clientes pasando por produtos de xestión da cadea de subministración, intelixencia de mercado e reporting.

lunes, 4 de mayo de 2015

Un programa do National Geographic.

Hola a todos! Hoxe veño a recomendarvos un programa do National Geographic que nos ensina a través de xogos interactivos e experimentos como funciona o noso cerebro. Profundizando en temas coma o enfoque, o miedo, a persuasión, a toma de decisións e a aptitude neural. É moi interesante, e ao ser interactivo explica as cousas de maneira sinxela e divertida. Aquí vos deixo un capítulo, o problema é que está en inglés, pero creo que se entende bastante ben:

jueves, 30 de abril de 2015

A nave rusa Progress precipítase hacia a Terra.


A nave de carga Progress M-27, que foi lanzada este martes ao espazo con destino á Estación Espacial Internacional (EEI), precipítase cara á Terra de xeito descontrolado cunha masa superior ás 7 toneladas. O Centro de Control de Voos Espaciais de Rusia perdeu o control do cargueiro o mesmo martes, pouco despois do seu lanzamento, cando se situou nunha órbita errónea e deixou de enviar datos á Terra.

Tras varios intentos falidos de recuperar o control da Progress, os técnicos rusos observaron que o cargueiro xiraba a gran velocidade sobre o seu propio eixe, algo que lle impide calquera intento de manobrar para achegarse e adaptarse á EEI.


Non obstante, espérase que a nave se desintegre ao volver entrar na atmosfera e non é probable que alcance a superficie da Terra.

A Progress M-27 M, que conta cunha masa en lanzamento de 7.290 quilogramos, transporta preto de 2,5 toneladas de subministracións para a EEI, que inclúe combustible, osíxeno, alimentos, equipos científicos e regalos para os tripulantes da Estación espacial.

As Progress M son naves de carga non tripuladas baseadas na naveSoyuz e comezaron a utilizarse a finais dos anos 70 para levar subministracións ás estacións Salyut.

miércoles, 29 de abril de 2015

Crean o primeiro mapa en 3D do universo máis preto á Terra.


Astrofísicos crearon un mapa 3D do universo que se estende por case dous mil millóns de anos luz e é a imaxe máis completa do noso veciño cósmico que se fixo ata agora. O mapa esférico de supercúmulos de galaxias conducirá a unha maior comprensión de como a materia se distribúe no universo.

Os profesores Mike Hudson, Jonathan Carrick, Stephen Turnbull e Guilhem Lavaux crearon o mapa. "A distribución de galaxias non é uniforme e non ten ningún patrón. Ten picos e vales de forma moi similar a unha serra.", dixo Hudson.

As zonas azuis e brancas máis claras no mapa representan unha maior


concentración de galaxias. A zona vermella é o supercúmulo chamada concentración de Shapley, a maior colección de galaxias no universo próximo. Áreas inexploradas aparecen en azul medio.

Coñecer a situación e o movemento da materia no universo axudará aos astrofísicos a predicir a expansión do universo e determinar onde e como existe a materia escura. Os científicos observaron que as galaxias se moven de xeito diferente debido a que a expansión do universo non é uniforme.

A materia escura representa unha gran maioría do contido do universo. É unha forma hipotética de partícula de materia que non reflicte nin emite luz e, como consecuencia, non se pode ver nin medir directamente. A existencia e propiedades da materia escura só se poden inferir indirectamente a través dos seus efectos gravitatorios sobre a materia visible e a luz. Grazas a este mapa, estamos a un paso máis preto de descubrir información clave deste misterio que ten intrigados aos científicos.


Aquí tendes máis información desta noticia.

miércoles, 22 de abril de 2015

O cambio climático.

Boas! Hoxe vouvos a deixar algo diferente. Unha animación sobre as causas e consecuencias do cambi climático. Espero que vos guste e deixovos o vídeo aquí.

domingo, 22 de marzo de 2015

O noso xenoma non é de todo human

Polo menos non no que se refire ao material xenético que conteñen as nosas células, ningún de nós é completamente humano.Todos os membros da nosa especie posuímos, que saiba ata agora, 145 xenes "externos", procedentes de bacterias, virus e outros microorganismos que lograron "incrustar" parte do seu material xenético no noso xenoma.

Esa é, polo menos, a conclusión dun estudio publicado en Genome Biology e que achega, por agora, as probas máis convincentes de que ao longo da
nosa historia evolutiva xenes doutras formas de vida conseguiron chegar a formar parte do máis íntimo das nosas células.

Os científicos sabían xa que a transferencia xenética "horizontal", o intercambio de información xenética entre organismos de forma diferente á herdanza, era algo común entre bacterias e outros eucarióticas sinxelos. O proceso permite compartir rapidamente xogos concretos de xenes para, por exemplo, facerse resistente aos antibióticos. Pero non estaba claro que este tipo de transferencia horizontal puidese darse tamén en organismos superiores, como os primates. Pero probar que determinados fragmentos do ADN humano proceden doutros organismos non resulta unha tarefa doada.

jueves, 19 de marzo de 2015

Veremos unha eclipse máis unha superlúa

Este equinoccio de primavera vén da man dunha eclipse e unha superlúa que nos obrigarán a permanecer atentos ao ceo.

A eclipse deixaráse ver en España a partir das oito da mañá, chegando a tapar ata o 75 por cento do astro. Poucas veces alguén que goza dunha ponte se alegrará tanto de que o sol se oculte.

Para o que prefira vivir a noite, o equinoccio de primavera tenlle gardada unha sorpresa. Ás 23.45 horas producirase o cambio de estación, co sol máis preto da Terra que no que vai de ano, pero será a lúa a que se encargue de festexalo. Unha superlúa verase no ceo.

O fenómeno das superlúas, que en realidade se chaman lúas de perixeo, prodúcese cando coincide a Lúa chea no seu punto de máxima aproximación á Terra. Entón a Lúa móstrasenos máis grande e máis brillante do normal. Todo un filón para as redes sociais.

miércoles, 18 de marzo de 2015

Temos planetas habitables na Vía Láctea?

Cada vez parece máis improbable que o planeta azul sexa o único que alberga vida. Segundo un estudo da revista Monthly Notices da Real Sociedad Astronómica, os planetas situados en zonas habitables de estrelas da Vía Láctea poderían contarse por miles de millóns.

A nave Kepler da NASA ten como misión encontrar exoplanetas, dentro do seu rango de visión , os científicos xa detectaron miles. Pero a gran pregunta é: cantos deles poderían ter vida?

A resposta buscouna un equipo internacional de investigadores da Universidade Nacional de Australia e o Instituto Niels Bohr de Copenhague.

Utilizando os achados pola nave Kepler, os astrofísicos calcularon o número probable de planetas que orbitan a zona habitable das entre 100.000 e 400.000 millóns de estrelas da Vía Láctea. Segundo as súas eles, cada un destes soles podería abeirar entre un e tres planetas con condicións para a vida.

A misión Kepler está deseñada para detectar planetas que orbitan relativamente preto das súas estrelas, polo que moitos destes mundos son demasiado quentes para soster a vida.

viernes, 13 de marzo de 2015

A NASA lanzou con éxito unha misión

A axencia espacial estadounidense (NASA) lanzou hoxe con éxito unha misión pioneira para estudar a interacción do campo magnético da Terra co doutros corpos celestes, coma o Sol, que permitirá estudar con maior precisión como actúan estes intercambios de enerxía no universo.

O lanzamento levouse a cabo dende as instalacións da NASA na base de Cabo Canaval en Florida

Os catro observatorios espaciais idénticos que compoñen o Sistema Multiescala Magnetosférico (MMS) partiron a bordo dun foguete Atlas V.

Os responsables da misión esperan recibir a confirmación do despregamento exitoso dos catro artefactos espaciais e  misión comezará a enviar datos á terra en setembro. Está previsto que esté en funcionamento durante dous anos, aínda que a NASA non descarta ampliar a súa vida útil.

A misión proporcionará a primeira vista tridimensional da reconexión magnética da Terra co Sol, que axudará a entender como se conectan e desconectan os campos magnéticos no universo. Os científicos esperan obter datos sobre a estrutura e dinámica da enerxía que intercambian os campos magnéticos cando se encontran, momento no que se produce unha liberación explosiva de enerxía.

A misión MMS utilizará a magnetosfera da Terra como un laboratorio para estudar, ademais da reconexión magnética, outros dous procesos fundamentais como a aceleración de partículas enerxéticas e a turbulencia.

Esta misión tamén será clave para entender como afecta este intercambio enerxético aos fenómenos meteorolóxicos espaciais e o seu efecto sobre os sistemas tecnolóxicos modernos como as redes de comunicacións, de navegación GPS e as redes de enerxía eléctrica.

miércoles, 11 de marzo de 2015

Ovos destrozados no Mirador do Cretáceo.

Os Mossos d’Esquadra abriron unha investigación para porder identificar aos responsables dos graves destrozos ocasionados no depósito e museo de ovos de dinosaurio de Coll de Nargó (Alt Urgell), un dos máis importantes do mundo.

O depósito, coñecido como o Mirador do Cretáceo, está ao aire libre no val do río de Sallent e contén pegadas, restos fósiles vexetais e animais e bastantes ovos e niños de dinosaurio. Os máis destacados son os de dinosaurios da familia dos Megaloothidae ou Titanosaurus.

Os danos nos ovos foron descubertos nunha visita rutinaria feita por Àngel Galobart (xefe do grupo de investigación do Mesozoico do Instituto Catalán de Paleontología Miquel Crusafont), pero descoñécese a data na que se produciron os feitos. A zona onde estaban os ovos expostos non estaba vixiada porque ninguén o consideraba necesario.

jueves, 5 de marzo de 2015

Atopan unha particular mandíbula


Fai 50 anos propúxose que o 
'Homo habilis' era o representante máis antigo da especie humana moderna. Pero hai moi poucos rexistros fósiles dos primeiros homo, polo que non se pode ter nada claro as orixes.
Mais hoxe podemos pór unha data histórica no estudo da evolución humana: descubriuse unha mandíbula dun 'Homo' duns 2,8 millóns de anos. Esta proposta é moi sorprendente para os expertos porque normalmente dise que este xénero ten 2,5 millóns de anos como máximo.
A mandíbula foi atopada en Afar (Etiopía) e ten dous dentes e tres molares con rasgos primitivos parecidos aos do 'Autralopithecus' na parte anterior e morfoloxías pertencentes ao 'Homo' na posterior.
Os investigadores teñen claro que pode ser unha nova especie, pero non é posible describila debido ó estado do fósil. Grazas a el podemos ver o paso do 'Australopithecus' ao 'Homo'. Mais algúns poñen en duda de que este resto sexa de xénero humano.

lunes, 2 de marzo de 2015

Terapia rexenerativa medular en España.

Darek Fidyka, un home que quedara parapléxico dende que o puñalaran fasi catro anos, puido volver camiñar en outubro do ano pasado. A técnica que se usou para isto fora desenrolada pola española Almudena Ramón.

Esta foi a primeira no mundo en abrir unha liña de investigación sobre a purificación e uso de células do nariz para rexenerar a médula. E dous anos depois probou que un trasplante destas células da glía envolvente olfatoria permitía a rexeneración. No 2000 consigueu a recuperación funcional de ratas parapléxicas con esa técnica, e no resto do mundo decidiron seguir os pasos desta doutora e facer os mesmos estudos. Entre eles, Geoffrey Raisman, que logrou a recuperación de Fidyka
.

lunes, 23 de febrero de 2015

Adiós plástico, hola quitosano.

Javier Fernández, doctor en nanotecnoloxía, ten como obxetivo reducir o consumo de plástico, e para iso investiga un material biodegradable chamado quitosano. Este podería abrir novas portas na mediciña, industria e impresión 3D. 
Para atopar con este material estudiou minuciosamente os caparazóns de insectos e crustáceos. Grazas a isto, deu coas bases para crear o shrilk, unha mezcla de quitosano e fibroína . Este material duplica a forza do plástico e ademais é biodegradable.
Como a seda encarecía moito o proceso para finalidades industriais, o equipo de Javier Fernández dou coa fórmula para crear o quitosano sen seda. Ademais de todas as características antes mencionadas, é un material moi barato.
O quitosano foi descuberto no século XIX, mais non se fixo famoso porque quedou á sombra doutro que se converteu no "material do século XX": o plástico.
Neste vídeo podemos ver como este material non entorpece o crecemento de seres vivos, como esta semente que se planta sobre unha base de quitosano:

miércoles, 18 de febrero de 2015

Máis parecidos do que pensabamos

Ata agora, pensábase que só o home moderno desenrolara a faceta de diferenciación de tareas segundo o sexo, pero non é así. Un equipo de investigadores españoles descubriron que os neandertais tamén facían iso.
Analizaron 99 dentes incisivos e caninos de 19 individuos de tres lugares diferentes (El Sidrón en Asturias, L’Hortus en Francia e Spy en Bélxica) e poideron observar que hai diferencias no desgaste que sufriron os dentes, segundo foran de home ou de muller.

Neses dentes móstranse moitas estrías culturais que teñen que ver co seu modo de vida, como que usaban a boca como terceira man. Douse que nas mulleres eran máis longas ca nos homes. Estes presentan daños nos dentes superiores e nas mulleres, pola contra, nos inferiores. Por isto supoñían que as tarefas que realizaban eran diferentes.

Pénsase que todos cazaban, pero que despois dividíanse as tarefas; por exemplo que os homes afilaban as armas e as mulleres traballaban a madeira.

Para máis información podedes visitar esta noticia.

jueves, 22 de enero de 2015

Material repelente á auga.

Un equipo de investigadores da universidade de Rochester (EEUU), creou, mediante pulsos de láser, unha superficie metálica na cal, as gotas de auga rebotan a fóra do metal. Esto débese a unha propiedade que conseguiron atribuirlle que repele a auga, chamada superhidrofobia.
Se se continúa desenrolando esta propiedade, podría ser moi útil na sociedade, como evitar a conxelación nas ás dos avións ou incluso manter a limpeza de saneamentos en lugares con escasez de auga.
A técnica esta todavía está en proceso, polo que para debuxar un patrón dunha superdicie de poucos milímetros de metal, fai falla unha hora e mediante pulsos de láser moi potente.
Aquí vos deixo unha demostración do que fai esta superficie: