domingo, 22 de marzo de 2015

O noso xenoma non é de todo human

Polo menos non no que se refire ao material xenético que conteñen as nosas células, ningún de nós é completamente humano.Todos os membros da nosa especie posuímos, que saiba ata agora, 145 xenes "externos", procedentes de bacterias, virus e outros microorganismos que lograron "incrustar" parte do seu material xenético no noso xenoma.

Esa é, polo menos, a conclusión dun estudio publicado en Genome Biology e que achega, por agora, as probas máis convincentes de que ao longo da
nosa historia evolutiva xenes doutras formas de vida conseguiron chegar a formar parte do máis íntimo das nosas células.

Os científicos sabían xa que a transferencia xenética "horizontal", o intercambio de información xenética entre organismos de forma diferente á herdanza, era algo común entre bacterias e outros eucarióticas sinxelos. O proceso permite compartir rapidamente xogos concretos de xenes para, por exemplo, facerse resistente aos antibióticos. Pero non estaba claro que este tipo de transferencia horizontal puidese darse tamén en organismos superiores, como os primates. Pero probar que determinados fragmentos do ADN humano proceden doutros organismos non resulta unha tarefa doada.

Analizaron as secuencias xenómicas de corenta especies distintas de animais. E para cada xene dos xenomas estudados, os científicos buscaron concordancias en todas as bases de datos xenéticas que existen, tanto de animais coma de plantas, fungos, bacterias e virus. Cando encontraban un xene de animal máis parecido aos doutras criaturas non animais que a calquera outro animal, os investigadores separábano para estudalo a fondo.

En total, o equipo achou centos de xenes que parecen ser transferidos aos animais por bacterias, fungos, microorganismos e mesmo por plantas. No caso dos seres humanos, acharon ata 145 xenes que parecen ter "saltado" o noso xenoma dende organismos moito máis simples.

No hay comentarios:

Publicar un comentario