jueves, 5 de marzo de 2015

Atopan unha particular mandíbula


Fai 50 anos propúxose que o 
'Homo habilis' era o representante máis antigo da especie humana moderna. Pero hai moi poucos rexistros fósiles dos primeiros homo, polo que non se pode ter nada claro as orixes.
Mais hoxe podemos pór unha data histórica no estudo da evolución humana: descubriuse unha mandíbula dun 'Homo' duns 2,8 millóns de anos. Esta proposta é moi sorprendente para os expertos porque normalmente dise que este xénero ten 2,5 millóns de anos como máximo.
A mandíbula foi atopada en Afar (Etiopía) e ten dous dentes e tres molares con rasgos primitivos parecidos aos do 'Autralopithecus' na parte anterior e morfoloxías pertencentes ao 'Homo' na posterior.
Os investigadores teñen claro que pode ser unha nova especie, pero non é posible describila debido ó estado do fósil. Grazas a el podemos ver o paso do 'Australopithecus' ao 'Homo'. Mais algúns poñen en duda de que este resto sexa de xénero humano.

Ademáis os científicos están investigando como puido ser a paisaxe desa época para comprender a evolución das especies africanas naquel tempo. Sabemos que esta paisaxe tiña chairas abertas parecidas ó Serengueti ou a Massai Mara e moi áridas.
Aquí vos deixo un vídeo de Pablo Jáuregui falando deste descubrimento.
Sexa ou non unha nova especie o ser ó que pertenceu a mandíbula descuberta, podemos asegurar que isto vai dar moito que falar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario