domingo, 22 de marzo de 2015

O noso xenoma non é de todo human

Polo menos non no que se refire ao material xenético que conteñen as nosas células, ningún de nós é completamente humano.Todos os membros da nosa especie posuímos, que saiba ata agora, 145 xenes "externos", procedentes de bacterias, virus e outros microorganismos que lograron "incrustar" parte do seu material xenético no noso xenoma.

Esa é, polo menos, a conclusión dun estudio publicado en Genome Biology e que achega, por agora, as probas máis convincentes de que ao longo da
nosa historia evolutiva xenes doutras formas de vida conseguiron chegar a formar parte do máis íntimo das nosas células.

Os científicos sabían xa que a transferencia xenética "horizontal", o intercambio de información xenética entre organismos de forma diferente á herdanza, era algo común entre bacterias e outros eucarióticas sinxelos. O proceso permite compartir rapidamente xogos concretos de xenes para, por exemplo, facerse resistente aos antibióticos. Pero non estaba claro que este tipo de transferencia horizontal puidese darse tamén en organismos superiores, como os primates. Pero probar que determinados fragmentos do ADN humano proceden doutros organismos non resulta unha tarefa doada.

jueves, 19 de marzo de 2015

Veremos unha eclipse máis unha superlúa

Este equinoccio de primavera vén da man dunha eclipse e unha superlúa que nos obrigarán a permanecer atentos ao ceo.

A eclipse deixaráse ver en España a partir das oito da mañá, chegando a tapar ata o 75 por cento do astro. Poucas veces alguén que goza dunha ponte se alegrará tanto de que o sol se oculte.

Para o que prefira vivir a noite, o equinoccio de primavera tenlle gardada unha sorpresa. Ás 23.45 horas producirase o cambio de estación, co sol máis preto da Terra que no que vai de ano, pero será a lúa a que se encargue de festexalo. Unha superlúa verase no ceo.

O fenómeno das superlúas, que en realidade se chaman lúas de perixeo, prodúcese cando coincide a Lúa chea no seu punto de máxima aproximación á Terra. Entón a Lúa móstrasenos máis grande e máis brillante do normal. Todo un filón para as redes sociais.

miércoles, 18 de marzo de 2015

Temos planetas habitables na Vía Láctea?

Cada vez parece máis improbable que o planeta azul sexa o único que alberga vida. Segundo un estudo da revista Monthly Notices da Real Sociedad Astronómica, os planetas situados en zonas habitables de estrelas da Vía Láctea poderían contarse por miles de millóns.

A nave Kepler da NASA ten como misión encontrar exoplanetas, dentro do seu rango de visión , os científicos xa detectaron miles. Pero a gran pregunta é: cantos deles poderían ter vida?

A resposta buscouna un equipo internacional de investigadores da Universidade Nacional de Australia e o Instituto Niels Bohr de Copenhague.

Utilizando os achados pola nave Kepler, os astrofísicos calcularon o número probable de planetas que orbitan a zona habitable das entre 100.000 e 400.000 millóns de estrelas da Vía Láctea. Segundo as súas eles, cada un destes soles podería abeirar entre un e tres planetas con condicións para a vida.

A misión Kepler está deseñada para detectar planetas que orbitan relativamente preto das súas estrelas, polo que moitos destes mundos son demasiado quentes para soster a vida.

viernes, 13 de marzo de 2015

A NASA lanzou con éxito unha misión

A axencia espacial estadounidense (NASA) lanzou hoxe con éxito unha misión pioneira para estudar a interacción do campo magnético da Terra co doutros corpos celestes, coma o Sol, que permitirá estudar con maior precisión como actúan estes intercambios de enerxía no universo.

O lanzamento levouse a cabo dende as instalacións da NASA na base de Cabo Canaval en Florida

Os catro observatorios espaciais idénticos que compoñen o Sistema Multiescala Magnetosférico (MMS) partiron a bordo dun foguete Atlas V.

Os responsables da misión esperan recibir a confirmación do despregamento exitoso dos catro artefactos espaciais e  misión comezará a enviar datos á terra en setembro. Está previsto que esté en funcionamento durante dous anos, aínda que a NASA non descarta ampliar a súa vida útil.

A misión proporcionará a primeira vista tridimensional da reconexión magnética da Terra co Sol, que axudará a entender como se conectan e desconectan os campos magnéticos no universo. Os científicos esperan obter datos sobre a estrutura e dinámica da enerxía que intercambian os campos magnéticos cando se encontran, momento no que se produce unha liberación explosiva de enerxía.

A misión MMS utilizará a magnetosfera da Terra como un laboratorio para estudar, ademais da reconexión magnética, outros dous procesos fundamentais como a aceleración de partículas enerxéticas e a turbulencia.

Esta misión tamén será clave para entender como afecta este intercambio enerxético aos fenómenos meteorolóxicos espaciais e o seu efecto sobre os sistemas tecnolóxicos modernos como as redes de comunicacións, de navegación GPS e as redes de enerxía eléctrica.

miércoles, 11 de marzo de 2015

Ovos destrozados no Mirador do Cretáceo.

Os Mossos d’Esquadra abriron unha investigación para porder identificar aos responsables dos graves destrozos ocasionados no depósito e museo de ovos de dinosaurio de Coll de Nargó (Alt Urgell), un dos máis importantes do mundo.

O depósito, coñecido como o Mirador do Cretáceo, está ao aire libre no val do río de Sallent e contén pegadas, restos fósiles vexetais e animais e bastantes ovos e niños de dinosaurio. Os máis destacados son os de dinosaurios da familia dos Megaloothidae ou Titanosaurus.

Os danos nos ovos foron descubertos nunha visita rutinaria feita por Àngel Galobart (xefe do grupo de investigación do Mesozoico do Instituto Catalán de Paleontología Miquel Crusafont), pero descoñécese a data na que se produciron os feitos. A zona onde estaban os ovos expostos non estaba vixiada porque ninguén o consideraba necesario.

jueves, 5 de marzo de 2015

Atopan unha particular mandíbula


Fai 50 anos propúxose que o 
'Homo habilis' era o representante máis antigo da especie humana moderna. Pero hai moi poucos rexistros fósiles dos primeiros homo, polo que non se pode ter nada claro as orixes.
Mais hoxe podemos pór unha data histórica no estudo da evolución humana: descubriuse unha mandíbula dun 'Homo' duns 2,8 millóns de anos. Esta proposta é moi sorprendente para os expertos porque normalmente dise que este xénero ten 2,5 millóns de anos como máximo.
A mandíbula foi atopada en Afar (Etiopía) e ten dous dentes e tres molares con rasgos primitivos parecidos aos do 'Autralopithecus' na parte anterior e morfoloxías pertencentes ao 'Homo' na posterior.
Os investigadores teñen claro que pode ser unha nova especie, pero non é posible describila debido ó estado do fósil. Grazas a el podemos ver o paso do 'Australopithecus' ao 'Homo'. Mais algúns poñen en duda de que este resto sexa de xénero humano.

lunes, 2 de marzo de 2015

Terapia rexenerativa medular en España.

Darek Fidyka, un home que quedara parapléxico dende que o puñalaran fasi catro anos, puido volver camiñar en outubro do ano pasado. A técnica que se usou para isto fora desenrolada pola española Almudena Ramón.

Esta foi a primeira no mundo en abrir unha liña de investigación sobre a purificación e uso de células do nariz para rexenerar a médula. E dous anos depois probou que un trasplante destas células da glía envolvente olfatoria permitía a rexeneración. No 2000 consigueu a recuperación funcional de ratas parapléxicas con esa técnica, e no resto do mundo decidiron seguir os pasos desta doutora e facer os mesmos estudos. Entre eles, Geoffrey Raisman, que logrou a recuperación de Fidyka
.