martes, 9 de junio de 2015

Presentan un sistema para que non se poida conducir ebrio.

A National Highway Traffic Safety Agency, unha axencia do goberno dos Estados Unidos, presentou un sistema que podería evitar que un condutor baixo os efectos do alcohol poida coller un coche. O sistema chámase Driver Alcohol Detection System for Safety (DADSS), que impediría arrancar o vehículo. A través de dous métodos, o sistema pode medir a cantidade de alcohol en sangue do condutor en menos dun segundo.


O sistema esta formado por un alcoholímetro pasivo sobre o voante ou na porta do condutor, que detectaría no alento o nivel de alcohol. Mediante un feixe de luz infravermella dirixida cara ás moléculas de aire expiradas polo condutor. 

Ademais, habería un segundo alcoholímetro engadido no botón de arranque do motor ou na panca de cambios, que integraría un sensor que analiza o nivel de alcohol en sangue do condutor. Ao pousar o dedo sobre o sensor, un feixe de luz proxectaríase sobre a pel do condutor, e a través da espectroscopia infravermella pódese determinar a cantidade de alcohol en sangue. Todo iso, baséase en que o etanol absorbe lonxitudes de onda moi concretas.


Perséguese reducir o número de falecidos en estrada por culpa da bebida e rematar con esta mala práctica. Unha tecnoloxía, que apuntan expertos, podería aínda tardar 8 anos en comercializarse.

lunes, 8 de junio de 2015

Detéctase a bacteria da difteria noutros 8 nenos de Girona.

Os técnicos da Axencia de Saúde Pública da Generalitat detectaron a bacteria responsable da difteria en oito nenos próximos ao contaxiado de seis anos de Olot (Girona) que segue estable pero moi grave na UCI do Hospital Valld'Hebron de Barcelona.

Destacouse que os oito nenos "non" desenvolveron a enfermidade grazas a que están vacinados, pero se lles recluíu nos seus fogares para evitar que contaxien ao 3% de nenos da bisbarra da Garrotxa que non están vacinados.

Fixeron frotis en 57 nenos próximos ao contaxiado, e a bacteria está en oito, e este luns se lle empezou a administrar un tratamento con penicilina a este grupo para eliminalos a difteria do organismo.

Por agora, os oito compañeiros portadores da bacteria da difteria permanecerán nos seus domicilios entre oito e 10 días, mentres dure o tratamento antibiótico. Os pais e o ámbito destes oito nenos tamén foron analizados para descartar que existisen máis persoas portadoras que puidesen contaxiar outras que non estean vacinadas.

O secretario de Saúde Pública da Generalitat, Antoni Mateu, indicou ademais que dende que se coñeceu o caso de difteria, en La Garrotxa se dispararon ao redor dun 20% as doses de vacinas subministradas en Olot.

De todos os xeitos, a Generalitat non arriscará e avisou de que as casas de campamentos e os espazos de recreo infantil de La Garrotxa estarán atentos ás cartillas de vacinación dos nenos para garantir a seguridade sanitaria dos pequenos, polo que a aqueles que non estean vacinados se lles alertará do risco que iso pode supoñer.

O foco orixinario deste brote aínda non se descubriu, e de feito, Boi Ruiz deixou a porta aberta a que a causa primaria desta infección non se acabe encontrando, aínda que o departamento de Saúde constituíu dende hoxe mesmo un comité de crise para tratar o asunto.

jueves, 4 de junio de 2015

Eliminar os prexuízos durante o sono é posible.

Mentres durmimos o cerebro non descansa, senon que traballa activamente en tarefas que non pode levar a cabo durante o día, como a consolidación da memoria. Os recordos se poden reactivar e fortalecer de forma selectiva durante o sono. Sábese que durmir potencia a formación de recordos ao reactivar a actividade das neuronas implicadas na aprendizaxe levada a cabo durante o día. Se se asocia un son ou un olor a unha tarefa de aprendizaxe concreta durante a vixilia, este pódese potenciar durante a noite se ese estímulo oloroso ou visual se presenta de forma repetida durante o sono de ondas lentas.


Unha investigación da Universidade de Northwestern publicada en "Science" mostra que este método non só funciona para a información recentemente aprendida, senón que tamén pode influír nas actitudes implícitas aprendidos durante a infancia e que permanecen estables durante a vida adulta. É dicir, que eses prexuízos poden "desaprenderse durante o sono". 

Nunha serie de exercicios deseñados para contrarrestar os prexuízos típicos raciais e de xénero, os participantes viron imaxes de homes e mulleres de diferentes razas. E como parte do adestramento aprenderon a asociar razas e xéneros con características opostas aos prexuízos. Por exemplo, a asociar as caras femininas con palabras relacionadas coa ciencia, xa que algúns estudos suxiren que os científicos son máis propensos a contratar home que mulleres. De igual forma, as caras de homes negros asociáronse con palabras politicamente correctas. Ademais, emparellouse un son distintivo con cada tipo de "contranesgo".

Despois do adestramento, os participantes durmiron unha sesta de 90 minutos, durante a cal oíron varias veces de forma aleatoria o son utilizado durante o adestramento ou outro distinto.

Pouco despois de espertar, e tamén unha semana máis tarde, os investigadores comprobaron que eses nesgos sociais arraigados dende a infancia, reducíronse só cando a aprendizaxe do contranesgo fora reactivada durante o sono polo son.

Producir cambios duradeiros en nesgos implícitos é un reto. Estes nesgos xorden da socialización e son reforzados con frecuencia polos medios de comunicación. Outros experimentos terán que examinar se estes procedementos poden reducir o impacto dos nesgos implícitos en situacións de toma de decisións importantes, engaden.

Na novela "Un mundo feliz", escrita en 1932 por Aldous Huxley, este describe un mundo no que os nenos son adestrados durante o sono, para sentirse orgullosos da casta á que pertencen e diferenciarse das demais. Huxley adiantou case un século as últimas investigacións sobre o sono e en concreto a esta. Nun artigo publicado tamén en Science, que analiza este traballo para reducir os prexuízos pero algúns investigadores alertan das implicacións éticas que pode ter.

O sono é un estado no que estamos sen conciencia intencional e polo tanto vulnerables á suxestión. Hai que destacar as posibles aplicacións para modificar de forma permanente calquera comportamento non desexado por reactivación da memoria específica durante o sono.