jueves, 4 de junio de 2015

Eliminar os prexuízos durante o sono é posible.

Mentres durmimos o cerebro non descansa, senon que traballa activamente en tarefas que non pode levar a cabo durante o día, como a consolidación da memoria. Os recordos se poden reactivar e fortalecer de forma selectiva durante o sono. Sábese que durmir potencia a formación de recordos ao reactivar a actividade das neuronas implicadas na aprendizaxe levada a cabo durante o día. Se se asocia un son ou un olor a unha tarefa de aprendizaxe concreta durante a vixilia, este pódese potenciar durante a noite se ese estímulo oloroso ou visual se presenta de forma repetida durante o sono de ondas lentas.


Unha investigación da Universidade de Northwestern publicada en "Science" mostra que este método non só funciona para a información recentemente aprendida, senón que tamén pode influír nas actitudes implícitas aprendidos durante a infancia e que permanecen estables durante a vida adulta. É dicir, que eses prexuízos poden "desaprenderse durante o sono". 

Nunha serie de exercicios deseñados para contrarrestar os prexuízos típicos raciais e de xénero, os participantes viron imaxes de homes e mulleres de diferentes razas. E como parte do adestramento aprenderon a asociar razas e xéneros con características opostas aos prexuízos. Por exemplo, a asociar as caras femininas con palabras relacionadas coa ciencia, xa que algúns estudos suxiren que os científicos son máis propensos a contratar home que mulleres. De igual forma, as caras de homes negros asociáronse con palabras politicamente correctas. Ademais, emparellouse un son distintivo con cada tipo de "contranesgo".

Despois do adestramento, os participantes durmiron unha sesta de 90 minutos, durante a cal oíron varias veces de forma aleatoria o son utilizado durante o adestramento ou outro distinto.

Pouco despois de espertar, e tamén unha semana máis tarde, os investigadores comprobaron que eses nesgos sociais arraigados dende a infancia, reducíronse só cando a aprendizaxe do contranesgo fora reactivada durante o sono polo son.

Producir cambios duradeiros en nesgos implícitos é un reto. Estes nesgos xorden da socialización e son reforzados con frecuencia polos medios de comunicación. Outros experimentos terán que examinar se estes procedementos poden reducir o impacto dos nesgos implícitos en situacións de toma de decisións importantes, engaden.

Na novela "Un mundo feliz", escrita en 1932 por Aldous Huxley, este describe un mundo no que os nenos son adestrados durante o sono, para sentirse orgullosos da casta á que pertencen e diferenciarse das demais. Huxley adiantou case un século as últimas investigacións sobre o sono e en concreto a esta. Nun artigo publicado tamén en Science, que analiza este traballo para reducir os prexuízos pero algúns investigadores alertan das implicacións éticas que pode ter.

O sono é un estado no que estamos sen conciencia intencional e polo tanto vulnerables á suxestión. Hai que destacar as posibles aplicacións para modificar de forma permanente calquera comportamento non desexado por reactivación da memoria específica durante o sono.

No hay comentarios:

Publicar un comentario