martes, 23 de septiembre de 2014

Futuro viaxe ao espazo?

Boas! Chámome Lara Blanco e vou usar este blog de ciencias para o mundo contemporáneo para falarvos de noticias científicas da actualidade. Quero estrealo  falándovos dunha noticia que se sabe dende hai uns días. A sonda Maven entrou con éxito á órbita de Marte tras unha longa viaxe de dez meses recorrendo 700 millóns de km.
O que pretenden ca sonda Maven (Mars Atmosphere and Volatile Evolution) é recopilar información sobre o planeta como a composición da atmosfera de Marte e as capas altas desta,  ou tamén saber o ritmo ó que perde os gases no espazo, xa que non ten campo electromagnético.
Pero o obxetivo principal dos científicos é coñecer se Marte tuvera nun pasado océanos, pero que fora perdendo auga polos ventos solares e a falta dun campo electromagnético.
O próximo mes pasará o cometa Siding Spring a 70000 km de Marte, polo que os científicos decidiron probar a sonda investigando como afecta o cometa á súa atmosfera.
Grazas a todos estes estudos ó mellor se poderá levar a cabo unha misión tripulada ao planeta vermello; poderemos observar como o ser humán pisa Marte.