miércoles, 29 de abril de 2015

Crean o primeiro mapa en 3D do universo máis preto á Terra.


Astrofísicos crearon un mapa 3D do universo que se estende por case dous mil millóns de anos luz e é a imaxe máis completa do noso veciño cósmico que se fixo ata agora. O mapa esférico de supercúmulos de galaxias conducirá a unha maior comprensión de como a materia se distribúe no universo.

Os profesores Mike Hudson, Jonathan Carrick, Stephen Turnbull e Guilhem Lavaux crearon o mapa. "A distribución de galaxias non é uniforme e non ten ningún patrón. Ten picos e vales de forma moi similar a unha serra.", dixo Hudson.

As zonas azuis e brancas máis claras no mapa representan unha maior


concentración de galaxias. A zona vermella é o supercúmulo chamada concentración de Shapley, a maior colección de galaxias no universo próximo. Áreas inexploradas aparecen en azul medio.

Coñecer a situación e o movemento da materia no universo axudará aos astrofísicos a predicir a expansión do universo e determinar onde e como existe a materia escura. Os científicos observaron que as galaxias se moven de xeito diferente debido a que a expansión do universo non é uniforme.

A materia escura representa unha gran maioría do contido do universo. É unha forma hipotética de partícula de materia que non reflicte nin emite luz e, como consecuencia, non se pode ver nin medir directamente. A existencia e propiedades da materia escura só se poden inferir indirectamente a través dos seus efectos gravitatorios sobre a materia visible e a luz. Grazas a este mapa, estamos a un paso máis preto de descubrir información clave deste misterio que ten intrigados aos científicos.


Aquí tendes máis información desta noticia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario