viernes, 13 de marzo de 2015

A NASA lanzou con éxito unha misión

A axencia espacial estadounidense (NASA) lanzou hoxe con éxito unha misión pioneira para estudar a interacción do campo magnético da Terra co doutros corpos celestes, coma o Sol, que permitirá estudar con maior precisión como actúan estes intercambios de enerxía no universo.

O lanzamento levouse a cabo dende as instalacións da NASA na base de Cabo Canaval en Florida

Os catro observatorios espaciais idénticos que compoñen o Sistema Multiescala Magnetosférico (MMS) partiron a bordo dun foguete Atlas V.

Os responsables da misión esperan recibir a confirmación do despregamento exitoso dos catro artefactos espaciais e  misión comezará a enviar datos á terra en setembro. Está previsto que esté en funcionamento durante dous anos, aínda que a NASA non descarta ampliar a súa vida útil.

A misión proporcionará a primeira vista tridimensional da reconexión magnética da Terra co Sol, que axudará a entender como se conectan e desconectan os campos magnéticos no universo. Os científicos esperan obter datos sobre a estrutura e dinámica da enerxía que intercambian os campos magnéticos cando se encontran, momento no que se produce unha liberación explosiva de enerxía.

A misión MMS utilizará a magnetosfera da Terra como un laboratorio para estudar, ademais da reconexión magnética, outros dous procesos fundamentais como a aceleración de partículas enerxéticas e a turbulencia.

Esta misión tamén será clave para entender como afecta este intercambio enerxético aos fenómenos meteorolóxicos espaciais e o seu efecto sobre os sistemas tecnolóxicos modernos como as redes de comunicacións, de navegación GPS e as redes de enerxía eléctrica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario