miércoles, 11 de marzo de 2015

Ovos destrozados no Mirador do Cretáceo.

Os Mossos d’Esquadra abriron unha investigación para porder identificar aos responsables dos graves destrozos ocasionados no depósito e museo de ovos de dinosaurio de Coll de Nargó (Alt Urgell), un dos máis importantes do mundo.

O depósito, coñecido como o Mirador do Cretáceo, está ao aire libre no val do río de Sallent e contén pegadas, restos fósiles vexetais e animais e bastantes ovos e niños de dinosaurio. Os máis destacados son os de dinosaurios da familia dos Megaloothidae ou Titanosaurus.

Os danos nos ovos foron descubertos nunha visita rutinaria feita por Àngel Galobart (xefe do grupo de investigación do Mesozoico do Instituto Catalán de Paleontología Miquel Crusafont), pero descoñécese a data na que se produciron os feitos. A zona onde estaban os ovos expostos non estaba vixiada porque ninguén o consideraba necesario.

Fai dous anos neste mesmo lugar, un home roubara tamén un esqueleto, que logo foi devolto en varios fragmento. Posteriormente, os Mossos d’Esquadra identificaron ao autor do roubo, que tivo que pagar unha multa de 90 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario