lunes, 2 de marzo de 2015

Terapia rexenerativa medular en España.

Darek Fidyka, un home que quedara parapléxico dende que o puñalaran fasi catro anos, puido volver camiñar en outubro do ano pasado. A técnica que se usou para isto fora desenrolada pola española Almudena Ramón.

Esta foi a primeira no mundo en abrir unha liña de investigación sobre a purificación e uso de células do nariz para rexenerar a médula. E dous anos depois probou que un trasplante destas células da glía envolvente olfatoria permitía a rexeneración. No 2000 consigueu a recuperación funcional de ratas parapléxicas con esa técnica, e no resto do mundo decidiron seguir os pasos desta doutora e facer os mesmos estudos. Entre eles, Geoffrey Raisman, que logrou a recuperación de Fidyka
.


Agora, Almudena Ramón iniciará a súa técnica con humáns e en España como directora do Centro de Innovación Médica en Rexeneración Medular (CIMERM).
Este centro está no hospital IMED de Elche (Alicante) e aguns dos profesionais do hospital forman parte tambén do grupo multidisciplinar de especialistas de CIMERM. Xa comezaron a aplicar Terapia Rexenerativa Medular nun primeiro paciente: un neno de sete anos que en menos de catro meses xa pode mover colo e ombros e capacidade de respirar sen estar conectado a unha máquina. Cinco personas máis comezarán pronto este tratamento.

Hai catro fases neste tratamento nos que se diagnostica a cada un dos pacientes para ao final conseguir a reinervación e estabilización funcional para axudar a rexeneración medular. Favorece a reconexión das fibras nerviosas rotas pola lesión medular, activar o seu funcionamiento e estabilizar e integrar as funcións recuperadas coas do resto do organismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario