martes, 9 de junio de 2015

Presentan un sistema para que non se poida conducir ebrio.

A National Highway Traffic Safety Agency, unha axencia do goberno dos Estados Unidos, presentou un sistema que podería evitar que un condutor baixo os efectos do alcohol poida coller un coche. O sistema chámase Driver Alcohol Detection System for Safety (DADSS), que impediría arrancar o vehículo. A través de dous métodos, o sistema pode medir a cantidade de alcohol en sangue do condutor en menos dun segundo.


O sistema esta formado por un alcoholímetro pasivo sobre o voante ou na porta do condutor, que detectaría no alento o nivel de alcohol. Mediante un feixe de luz infravermella dirixida cara ás moléculas de aire expiradas polo condutor. 

Ademais, habería un segundo alcoholímetro engadido no botón de arranque do motor ou na panca de cambios, que integraría un sensor que analiza o nivel de alcohol en sangue do condutor. Ao pousar o dedo sobre o sensor, un feixe de luz proxectaríase sobre a pel do condutor, e a través da espectroscopia infravermella pódese determinar a cantidade de alcohol en sangue. Todo iso, baséase en que o etanol absorbe lonxitudes de onda moi concretas.


Perséguese reducir o número de falecidos en estrada por culpa da bebida e rematar con esta mala práctica. Unha tecnoloxía, que apuntan expertos, podería aínda tardar 8 anos en comercializarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario