martes, 28 de octubre de 2014

Posible vacina contra o ébola

A Organización Mundial da Saude (OMS) anunciou a semana pasada que van iniciar os ensaios da eficacia da vacina contra o ébola en África no mes de decembro. A directora da OMS, Marie-Paul Kiney, dixo que, aparte dos dous prototipos dos que xa se está probando, hai cinco vacinas que podrían empezar a ensaiarse a principios do 2015, sen contar os modelos que investigan en Rusia. Pero todo depende dunha única cousa: que as vacinas sexan seguras ou con efectos positivos.

O que están tratando de facer é acelerar todo e facer en tan só uns meses o que normalmente se fai durante anos. As fases de ensaios dos medicamentos duran anos, e van aceleralas todas. Entre este mes e o seguinte queren pasar a fase da seguridade para poder entrar na da eficacia. Teñen pensado facer os ensaios sobre o terreo en Liberia, pero tamén é posible que os fagan en Serra Leona ou Guinea.Aquí empezarase o reclutamento de voluntariado para ir.