miércoles, 18 de marzo de 2015

Temos planetas habitables na Vía Láctea?

Cada vez parece máis improbable que o planeta azul sexa o único que alberga vida. Segundo un estudo da revista Monthly Notices da Real Sociedad Astronómica, os planetas situados en zonas habitables de estrelas da Vía Láctea poderían contarse por miles de millóns.

A nave Kepler da NASA ten como misión encontrar exoplanetas, dentro do seu rango de visión , os científicos xa detectaron miles. Pero a gran pregunta é: cantos deles poderían ter vida?

A resposta buscouna un equipo internacional de investigadores da Universidade Nacional de Australia e o Instituto Niels Bohr de Copenhague.

Utilizando os achados pola nave Kepler, os astrofísicos calcularon o número probable de planetas que orbitan a zona habitable das entre 100.000 e 400.000 millóns de estrelas da Vía Láctea. Segundo as súas eles, cada un destes soles podería abeirar entre un e tres planetas con condicións para a vida.

A misión Kepler está deseñada para detectar planetas que orbitan relativamente preto das súas estrelas, polo que moitos destes mundos son demasiado quentes para soster a vida.


De acordo coas estatísticas, boa parte dos planetas situados na zona habitable serían mundos rochosos, como a Terra, co cal alí podería existir auga líquida e vida. Polo tanto, tendo en conta a enorme cantidade de estrelas na Vía Láctea, os astrofísicos conclúen que só na nosa galaxia, poderían existir miles de millóns de mundos coas condicións axeitadas para o xurdimento de organismos extraterrestres.

Pero hai moitos obstáculos que superar antes de que se poida levar a cabo unha viaxe interestelar, pero a conxelación crioxénica
de persoas para os miles de anos de viaxe podería ser unha solución para ese problema. En todo caso teremos que quedar na Terra por agora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario