jueves, 4 de junio de 2015

Eliminar os prexuízos durante o sono é posible.

Mentres durmimos o cerebro non descansa, senon que traballa activamente en tarefas que non pode levar a cabo durante o día, como a consolidación da memoria. Os recordos se poden reactivar e fortalecer de forma selectiva durante o sono. Sábese que durmir potencia a formación de recordos ao reactivar a actividade das neuronas implicadas na aprendizaxe levada a cabo durante o día. Se se asocia un son ou un olor a unha tarefa de aprendizaxe concreta durante a vixilia, este pódese potenciar durante a noite se ese estímulo oloroso ou visual se presenta de forma repetida durante o sono de ondas lentas.


Unha investigación da Universidade de Northwestern publicada en "Science" mostra que este método non só funciona para a información recentemente aprendida, senón que tamén pode influír nas actitudes implícitas aprendidos durante a infancia e que permanecen estables durante a vida adulta. É dicir, que eses prexuízos poden "desaprenderse durante o sono". 

Nunha serie de exercicios deseñados para contrarrestar os prexuízos típicos raciais e de xénero, os participantes viron imaxes de homes e mulleres de diferentes razas. E como parte do adestramento aprenderon a asociar razas e xéneros con características opostas aos prexuízos. Por exemplo, a asociar as caras femininas con palabras relacionadas coa ciencia, xa que algúns estudos suxiren que os científicos son máis propensos a contratar home que mulleres. De igual forma, as caras de homes negros asociáronse con palabras politicamente correctas. Ademais, emparellouse un son distintivo con cada tipo de "contranesgo".

Despois do adestramento, os participantes durmiron unha sesta de 90 minutos, durante a cal oíron varias veces de forma aleatoria o son utilizado durante o adestramento ou outro distinto.

Pouco despois de espertar, e tamén unha semana máis tarde, os investigadores comprobaron que eses nesgos sociais arraigados dende a infancia, reducíronse só cando a aprendizaxe do contranesgo fora reactivada durante o sono polo son.

Producir cambios duradeiros en nesgos implícitos é un reto. Estes nesgos xorden da socialización e son reforzados con frecuencia polos medios de comunicación. Outros experimentos terán que examinar se estes procedementos poden reducir o impacto dos nesgos implícitos en situacións de toma de decisións importantes, engaden.

Na novela "Un mundo feliz", escrita en 1932 por Aldous Huxley, este describe un mundo no que os nenos son adestrados durante o sono, para sentirse orgullosos da casta á que pertencen e diferenciarse das demais. Huxley adiantou case un século as últimas investigacións sobre o sono e en concreto a esta. Nun artigo publicado tamén en Science, que analiza este traballo para reducir os prexuízos pero algúns investigadores alertan das implicacións éticas que pode ter.

O sono é un estado no que estamos sen conciencia intencional e polo tanto vulnerables á suxestión. Hai que destacar as posibles aplicacións para modificar de forma permanente calquera comportamento non desexado por reactivación da memoria específica durante o sono.

viernes, 22 de mayo de 2015

Crean un brazo robético que pode ser controlado pola mente.


Erik Sorto, un californiano de 34 anos, leva 13 paralizado de colo cara a abaixo e agora, un grupo de científicos logrou que poida mover un brazo robótico só pensando niso e utilizando a súa imaxinación.

De forma voluntaria, Erik someteuse a unha cirurxía experimental no Hospital Keck de USC o 17 de abril de 2013. Nunhas cinco horas, os cirurxiáns implantáronlle dous conxuntos de microeléctrodos no cerebro (na codia parietal posterior), co obxectivo de rexistrar pulsos de electricidade das neuronas cerebrais cos que poder mobilizar un brazo biónico externo, situado ao seu lado.


Nos pacientes como Erik, a lesión na medula impide a transmisión da información dende o cerebro ata as extremidades, e aí entran en xogo os implantes neuroprotésicos. Nos experimentos realizados ata a data, centrados na codia motora, para coller un vaso, o paciente tiña que ir pensando por secuencias: elevar o brazo, estendelo, coller o vaso, pechar a man para suxeitalo... Un ordenador encargábase de descodificar os pulsos de electricidade das neuronas cerebrais cando o paciente enviaba co seu cerebro diferentes ordes aos seus brazos.

miércoles, 13 de mayo de 2015

María Garaña será responsable da área de empresas en Microsoft Europa


A presidenta da filial española de Microsoft, María Garaña Corces, foi elexida para tomar o posto de vicepresidenta da división de solucións empresariais de Microsoft para Europa, Oriente Medio e África.


Garaña será substituída no seu cargo actual pola exdirectiva de Telefónica e membro do consello supervisor da filial alemá do grupo español Pilar López


Álvarez. María ocupou a presidencia de Microsoft España durante os últimos sete anos.

No seu novo cargo Garaña asumirá a máxima responsabilidade das operacións, as vendas, a mercadotecnia e a xestión das relacións cos socios do negocio de solucións empresariais de Microsoft para a rexión EMEA.A organización de solucións empresariais representa un negocio de 1.779 millóns de euros a nivel global e é unha das áreas de maior crecemento dentro de Microsoft. No seu novo cargo Garaña asumirá a máxima responsabilidade dás operacións, ás vendas, a mercadotecnia e axestión dás relacións cos socios do negocio de solucións empresariais de Microsoft para a rexión EMEA.

A división de solucións empresariais inclúe o software deseñado por Microsoft para optimizar a xestión das organizacións; dende ferramentas de planificación de recursos empresariais a solucións de xestión da relación cos clientes pasando por produtos de xestión da cadea de subministración, intelixencia de mercado e reporting.

lunes, 4 de mayo de 2015

Un programa do National Geographic.

Hola a todos! Hoxe veño a recomendarvos un programa do National Geographic que nos ensina a través de xogos interactivos e experimentos como funciona o noso cerebro. Profundizando en temas coma o enfoque, o miedo, a persuasión, a toma de decisións e a aptitude neural. É moi interesante, e ao ser interactivo explica as cousas de maneira sinxela e divertida. Aquí vos deixo un capítulo, o problema é que está en inglés, pero creo que se entende bastante ben:

jueves, 30 de abril de 2015

A nave rusa Progress precipítase hacia a Terra.


A nave de carga Progress M-27, que foi lanzada este martes ao espazo con destino á Estación Espacial Internacional (EEI), precipítase cara á Terra de xeito descontrolado cunha masa superior ás 7 toneladas. O Centro de Control de Voos Espaciais de Rusia perdeu o control do cargueiro o mesmo martes, pouco despois do seu lanzamento, cando se situou nunha órbita errónea e deixou de enviar datos á Terra.

Tras varios intentos falidos de recuperar o control da Progress, os técnicos rusos observaron que o cargueiro xiraba a gran velocidade sobre o seu propio eixe, algo que lle impide calquera intento de manobrar para achegarse e adaptarse á EEI.


Non obstante, espérase que a nave se desintegre ao volver entrar na atmosfera e non é probable que alcance a superficie da Terra.

A Progress M-27 M, que conta cunha masa en lanzamento de 7.290 quilogramos, transporta preto de 2,5 toneladas de subministracións para a EEI, que inclúe combustible, osíxeno, alimentos, equipos científicos e regalos para os tripulantes da Estación espacial.

As Progress M son naves de carga non tripuladas baseadas na naveSoyuz e comezaron a utilizarse a finais dos anos 70 para levar subministracións ás estacións Salyut.

miércoles, 29 de abril de 2015

Crean o primeiro mapa en 3D do universo máis preto á Terra.


Astrofísicos crearon un mapa 3D do universo que se estende por case dous mil millóns de anos luz e é a imaxe máis completa do noso veciño cósmico que se fixo ata agora. O mapa esférico de supercúmulos de galaxias conducirá a unha maior comprensión de como a materia se distribúe no universo.

Os profesores Mike Hudson, Jonathan Carrick, Stephen Turnbull e Guilhem Lavaux crearon o mapa. "A distribución de galaxias non é uniforme e non ten ningún patrón. Ten picos e vales de forma moi similar a unha serra.", dixo Hudson.

As zonas azuis e brancas máis claras no mapa representan unha maior


concentración de galaxias. A zona vermella é o supercúmulo chamada concentración de Shapley, a maior colección de galaxias no universo próximo. Áreas inexploradas aparecen en azul medio.

Coñecer a situación e o movemento da materia no universo axudará aos astrofísicos a predicir a expansión do universo e determinar onde e como existe a materia escura. Os científicos observaron que as galaxias se moven de xeito diferente debido a que a expansión do universo non é uniforme.

A materia escura representa unha gran maioría do contido do universo. É unha forma hipotética de partícula de materia que non reflicte nin emite luz e, como consecuencia, non se pode ver nin medir directamente. A existencia e propiedades da materia escura só se poden inferir indirectamente a través dos seus efectos gravitatorios sobre a materia visible e a luz. Grazas a este mapa, estamos a un paso máis preto de descubrir información clave deste misterio que ten intrigados aos científicos.


Aquí tendes máis información desta noticia.

miércoles, 22 de abril de 2015

O cambio climático.

Boas! Hoxe vouvos a deixar algo diferente. Unha animación sobre as causas e consecuencias do cambi climático. Espero que vos guste e deixovos o vídeo aquí.