jueves, 5 de marzo de 2015

Atopan unha particular mandíbula


Fai 50 anos propúxose que o 
'Homo habilis' era o representante máis antigo da especie humana moderna. Pero hai moi poucos rexistros fósiles dos primeiros homo, polo que non se pode ter nada claro as orixes.
Mais hoxe podemos pór unha data histórica no estudo da evolución humana: descubriuse unha mandíbula dun 'Homo' duns 2,8 millóns de anos. Esta proposta é moi sorprendente para os expertos porque normalmente dise que este xénero ten 2,5 millóns de anos como máximo.
A mandíbula foi atopada en Afar (Etiopía) e ten dous dentes e tres molares con rasgos primitivos parecidos aos do 'Autralopithecus' na parte anterior e morfoloxías pertencentes ao 'Homo' na posterior.
Os investigadores teñen claro que pode ser unha nova especie, pero non é posible describila debido ó estado do fósil. Grazas a el podemos ver o paso do 'Australopithecus' ao 'Homo'. Mais algúns poñen en duda de que este resto sexa de xénero humano.

lunes, 2 de marzo de 2015

Terapia rexenerativa medular en España.

Darek Fidyka, un home que quedara parapléxico dende que o puñalaran fasi catro anos, puido volver camiñar en outubro do ano pasado. A técnica que se usou para isto fora desenrolada pola española Almudena Ramón.

Esta foi a primeira no mundo en abrir unha liña de investigación sobre a purificación e uso de células do nariz para rexenerar a médula. E dous anos depois probou que un trasplante destas células da glía envolvente olfatoria permitía a rexeneración. No 2000 consigueu a recuperación funcional de ratas parapléxicas con esa técnica, e no resto do mundo decidiron seguir os pasos desta doutora e facer os mesmos estudos. Entre eles, Geoffrey Raisman, que logrou a recuperación de Fidyka
.

lunes, 23 de febrero de 2015

Adiós plástico, hola quitosano.

Javier Fernández, doctor en nanotecnoloxía, ten como obxetivo reducir o consumo de plástico, e para iso investiga un material biodegradable chamado quitosano. Este podería abrir novas portas na mediciña, industria e impresión 3D. 
Para atopar con este material estudiou minuciosamente os caparazóns de insectos e crustáceos. Grazas a isto, deu coas bases para crear o shrilk, unha mezcla de quitosano e fibroína . Este material duplica a forza do plástico e ademais é biodegradable.
Como a seda encarecía moito o proceso para finalidades industriais, o equipo de Javier Fernández dou coa fórmula para crear o quitosano sen seda. Ademais de todas as características antes mencionadas, é un material moi barato.
O quitosano foi descuberto no século XIX, mais non se fixo famoso porque quedou á sombra doutro que se converteu no "material do século XX": o plástico.
Neste vídeo podemos ver como este material non entorpece o crecemento de seres vivos, como esta semente que se planta sobre unha base de quitosano:

miércoles, 18 de febrero de 2015

Máis parecidos do que pensabamos

Ata agora, pensábase que só o home moderno desenrolara a faceta de diferenciación de tareas segundo o sexo, pero non é así. Un equipo de investigadores españoles descubriron que os neandertais tamén facían iso.
Analizaron 99 dentes incisivos e caninos de 19 individuos de tres lugares diferentes (El Sidrón en Asturias, L’Hortus en Francia e Spy en Bélxica) e poideron observar que hai diferencias no desgaste que sufriron os dentes, segundo foran de home ou de muller.

Neses dentes móstranse moitas estrías culturais que teñen que ver co seu modo de vida, como que usaban a boca como terceira man. Douse que nas mulleres eran máis longas ca nos homes. Estes presentan daños nos dentes superiores e nas mulleres, pola contra, nos inferiores. Por isto supoñían que as tarefas que realizaban eran diferentes.

Pénsase que todos cazaban, pero que despois dividíanse as tarefas; por exemplo que os homes afilaban as armas e as mulleres traballaban a madeira.

Para máis información podedes visitar esta noticia.

jueves, 22 de enero de 2015

Material repelente á auga.

Un equipo de investigadores da universidade de Rochester (EEUU), creou, mediante pulsos de láser, unha superficie metálica na cal, as gotas de auga rebotan a fóra do metal. Esto débese a unha propiedade que conseguiron atribuirlle que repele a auga, chamada superhidrofobia.
Se se continúa desenrolando esta propiedade, podría ser moi útil na sociedade, como evitar a conxelación nas ás dos avións ou incluso manter a limpeza de saneamentos en lugares con escasez de auga.
A técnica esta todavía está en proceso, polo que para debuxar un patrón dunha superdicie de poucos milímetros de metal, fai falla unha hora e mediante pulsos de láser moi potente.
Aquí vos deixo unha demostración do que fai esta superficie:

lunes, 8 de diciembre de 2014

Creación dunha pel de silicio.

Combinando os últimos avances en nanotecnoloxía e neurociencia, un equipo de investigadores de Corea do Sur conseguiu crear unha piel artificial capaz de sentir casi todas as sensacións físicas humanas. Diseñaron unha matriz de silicio onde, capa a capa, colocaron minúsculos sensores de presión, calor ou humidade. Conectados aos nervios dun amputado, poderían devolverlle a capacidade de sentir.
Ainda non están disponibles no mercado, pero fixéronse manos biónicas que, por exemplo, ouideron devolverlle a un amputado, a posibilidade usar un taladro. PEro sen embargo, teñen certos problemas, como que si se queima a prostesis, pode deixala en ferros.
Un equipo da Universidade Nacional de Seúl creou unha pel que podría recubrir as prótesis e dotalas da capacidade de sentir que ten a piel humana. En ésta unha serie de receptores sensoriales transmite sensacions táctiles e térmicas ao cerebro. Tamén pode sentirse varias á vez.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Non máis cancro polo albinismo

Mafalda Soto, unha farmacéutica galega afincada en Tanzania, leva máis de seis anos traballando en África co albinismo, e desde fai tres, produce, xunto cas súas compañeiras (Leah e Grace), a primeira crema solar para xente con esta alteración xenética producida en África
A xente debe protexer a súa pel desde que so pequenos, para evitar ten enfermidades graves nun futuro, e incluso cancro.
En Tanzania hai máis de 25000 personas albinas, e a súa esperanza de vida é de 30 anos; xa que non dispoñen de protectores solares; hai moi poucos e son moi caros. Os que teñen acceso a elas é porque son donadas por organizacións.
Mafalda chegou a Malaui no 2008 como voluntaria nunha ONG (Africa Directo), onde traballou nunha clínica. Alí comezou a traballar cos albinos e a preocuparse por todas as dificultades de vida que tiñan. Cando volveu a España, desde os Laboratorios da ONG onde traballaba, dedicouse a facer mesturas para atopar ca crema solar apropiada. No 2011 levou as posibles fórmulas a Tanzania para probalas con máis de 150 persoas albinas.
Comezouse a producir nun pequeno centro que fixeron alí. Consguir os ingredientes non era tan fácil, xa que alí non os había, e en Europa eran moi caros, polo que pediron axuda ao laboratorio químico líder a nivel mundial (BASF).
A crema chámase Kilisun, e está funcionando perfectamente, e queren difundir o producto por todo o mundo e que sexa gratis, para que todas as persoas albinas poidan usalo.
Soñan con lograr que algún día todas as persoas con esta alteración xenética poidan protexerse e  estar ao sol sin ningún riesgo.