A Organización Mundial da Saude (OMS) anunciou a semana pasada que van iniciar os ensaios da eficacia da vacina contra o ébola en África no mes de decembro. A directora da OMS, Marie-Paul Kiney, dixo que, aparte dos dous prototipos dos que xa se está probando, hai cinco vacinas que podrían empezar a ensaiarse a principios do 2015, sen contar os modelos que investigan en Rusia. Pero todo depende dunha única cousa: que as vacinas sexan seguras ou con efectos positivos.
O que están tratando de facer é acelerar todo e facer en tan só uns meses o que normalmente se fai durante anos. As fases de ensaios dos medicamentos duran anos, e van aceleralas todas. Entre este mes e o seguinte queren pasar a fase da seguridade para poder entrar na da eficacia. Teñen pensado facer os ensaios sobre o terreo en Liberia, pero tamén é posible que os fagan en Serra Leona ou Guinea.Aquí empezarase o reclutamento de voluntariado para ir.
martes, 28 de octubre de 2014
martes, 23 de septiembre de 2014
Futuro viaxe ao espazo?
Boas! Chámome Lara Blanco e vou usar este blog de ciencias para o mundo contemporáneo para falarvos de noticias científicas da actualidade. Quero estrealo falándovos dunha noticia que se sabe dende hai uns días. A sonda Maven entrou con éxito á órbita de Marte tras unha longa viaxe de dez meses recorrendo 700 millóns de km.
O que pretenden ca sonda Maven (Mars Atmosphere and Volatile Evolution) é recopilar información sobre o planeta como a composición da atmosfera de Marte e as capas altas desta, ou tamén saber o ritmo ó que perde os gases no espazo, xa que non ten campo electromagnético.
Pero o obxetivo principal dos científicos é coñecer se Marte tuvera nun pasado océanos, pero que fora perdendo auga polos ventos solares e a falta dun campo electromagnético.
O próximo mes pasará o cometa Siding Spring a 70000 km de Marte, polo que os científicos decidiron probar a sonda investigando como afecta o cometa á súa atmosfera.
Grazas a todos estes estudos ó mellor se poderá levar a cabo unha misión tripulada ao planeta vermello; poderemos observar como o ser humán pisa Marte.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)