martes, 28 de octubre de 2014

Posible vacina contra o ébola

A Organización Mundial da Saude (OMS) anunciou a semana pasada que van iniciar os ensaios da eficacia da vacina contra o ébola en África no mes de decembro. A directora da OMS, Marie-Paul Kiney, dixo que, aparte dos dous prototipos dos que xa se está probando, hai cinco vacinas que podrían empezar a ensaiarse a principios do 2015, sen contar os modelos que investigan en Rusia. Pero todo depende dunha única cousa: que as vacinas sexan seguras ou con efectos positivos.

O que están tratando de facer é acelerar todo e facer en tan só uns meses o que normalmente se fai durante anos. As fases de ensaios dos medicamentos duran anos, e van aceleralas todas. Entre este mes e o seguinte queren pasar a fase da seguridade para poder entrar na da eficacia. Teñen pensado facer os ensaios sobre o terreo en Liberia, pero tamén é posible que os fagan en Serra Leona ou Guinea.Aquí empezarase o reclutamento de voluntariado para ir.

O que queren é ter centeares de miles de vacinas para mediados de 2015, que será útil de todos modos: se se expande ou diminúe o virus.. A OMS anunciou que non van reparar en gastos na produción e creación de vacinas.

Con esas primeiras doses poderán completar un ensaio acelerado de la eficacia e axustar todo para poder planear unha vacinación masiva, que ó mellor fan a mediados de 2015. Por se ocorre, piden aos laboratorios que estén preparados para suministrar un millón de doses para os afectados.

Ter que repartilas, vai se difícil xa que as vacinas teñen que estar a temperaturas baixo cero, polo que haberá que usar refrixeradores especiais. Esto só si os medicamentos que están a investigar funcionan.

1 comentario:

  1. Excelente post Lara. Moi ben redactado. Engádelle unhas ligazóns. Segue así.

    ResponderEliminar