Este equinoccio de primavera vén da man dunha eclipse e unha superlúa que nos obrigarán a permanecer atentos ao ceo.
A eclipse deixaráse ver en España a partir das oito da mañá, chegando a tapar ata o 75 por cento do astro. Poucas veces alguén que goza dunha ponte se alegrará tanto de que o sol se oculte.
Para o que prefira vivir a noite, o equinoccio de primavera tenlle gardada unha sorpresa. Ás 23.45 horas producirase o cambio de estación, co sol máis preto da Terra que no que vai de ano, pero será a lúa a que se encargue de festexalo. Unha superlúa verase no ceo.
O fenómeno das superlúas, que en realidade se chaman lúas de perixeo, prodúcese cando coincide a Lúa chea no seu punto de máxima aproximación á Terra. Entón a Lúa móstrasenos máis grande e máis brillante do normal. Todo un filón para as redes sociais.
A superlúa verase no ceo, pero notarase no mar. Dada a proximidade da Lúa á Terra, produciranse «mareas vivas», xa que a atracción gravitatoria do noso satélite é maior a menor distancia e inflúe de xeito singular sobre as augas. Todas as lúas cheas producen esta revolución no mar, pero coas superlúas hai maior diferenza entre as mareas baixas e as altas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario