A nave Kepler da NASA ten como misión encontrar exoplanetas, dentro do seu rango de visión , os científicos xa detectaron miles. Pero a gran pregunta é: cantos deles poderían ter vida?
A resposta buscouna un equipo internacional de investigadores da Universidade Nacional de Australia e o Instituto Niels Bohr de Copenhague.
Utilizando os achados pola nave Kepler, os astrofísicos calcularon o número probable de planetas que orbitan a zona habitable das entre 100.000 e 400.000 millóns de estrelas da Vía Láctea. Segundo as súas eles, cada un destes soles podería abeirar entre un e tres planetas con condicións para a vida.
A misión Kepler está deseñada para detectar planetas que orbitan relativamente preto das súas estrelas, polo que moitos destes mundos son demasiado quentes para soster a vida.
De acordo coas estatísticas, boa parte dos planetas situados na zona habitable serían mundos rochosos, como a Terra, co cal alí podería existir auga líquida e vida. Polo tanto, tendo en conta a enorme cantidade de estrelas na Vía Láctea, os astrofísicos conclúen que só na nosa galaxia, poderían existir miles de millóns de mundos coas condicións axeitadas para o xurdimento de organismos extraterrestres.
Pero hai moitos obstáculos que superar antes de que se poida levar a cabo unha viaxe interestelar, pero a conxelación crioxénica
No hay comentarios:
Publicar un comentario